domingo, 23 de marzo de 2014

Fotos do Roteiro Cultural por Santiago

Clica na imaxe para ver algunhas das fotos que fixemos no roteiro por Santiago este sábado pasado.

Como chegou a Camelia a Galicia?

Xa estamos na Primavera é as flores comezan a inundar os nosos montes, prados, xardíns ... Pero curiosamente xa tivemos durante o inverno unha flor que se resiste a non lucirse aínda que faga frío: A Camelia. chamada xa "Flor da Galiza", "Flor do inverno", "Flor das Rías Baixas" ...  Este arbusto, que en moitos sitios de Galicia é unha árbore está tendo estes días moitas exposicións.
Unha das últimas foi no Congreso Internacional da Camelia 2014.
Aínda que non se sabe con exactitude a súa introdución na Galiza, pénsase que ben foi por Portugal, por ir este a   buscar  as especias ás  Illas Molucas polo lado máis cercano (leste), ou  polo que poderíamos  chamar daquela  "España",  pero este foi  polo Oeste, máis lonxe.
Tanto un como outro eran os que daquela dominaban estas rutas e non paraban de carrexar todo tipo de "fruslerías" que ían atopando e que podían traer para negociar con elas, entre elas puido ser a Camelia. E desto estamos a falar do século XVI . Será algo máis tarde  cando aparece a camelia en Europa, e concretamente na Galiza.  As primeira referencias  que temos das Camelias en Galicia veñen por Pontevedra, no século XIX.

Ver máis          Aprende xogando

domingo, 9 de marzo de 2014

ROTA LITERARIA-GASTRONÓMICA AGAES 22 DE MARZO

Saída da Facultade de Matemáticas ás 10,30h. para comezar a Rota na Porta Faxeira coa lectura dunha cantiga de AFONSO EANES DO COTOM.
Logo de dar lectura á última cantiga da rota na Praza do Obradoiro (Praza de Hospital) de  JOAM VELAZ MARTIM retornamos á Facultadede Matemáticas ás 14h.
Ás 15 h. encontro gastronómico no Bar Mosqueiro en Vedra. Último día para anotarse 17 de marzo
ANOTADOS: Ana Serra 3; José Antonio 4; María Saez 4; Manuel López 3; Mary Conde 4; M. Carmen Quinteiro 3; M. José Abad 3;  Marina Lage 1; Anxo 3

luns, 3 de marzo de 2014

Desiderata


Historia do poema

"Camiña plácido entre o ruído e a présa,
e pensa na paz que se pode atopar no silencio.
En canto che sexa posible e sen renderte,
mantén boas relacións con todas as persoas.

domingo, 2 de marzo de 2014

Clasificacións finais do OPEN MATEMÁTICO 2014

Pódese ver en formato "unha páxina" ou "dúas páxinas".


Recollo o escrito de  Alicia e Covadonga e nós AGAES engadimos algúns dos postos que se ven na clasificación:

" É un pracer achegarvos as Clasificacións do Open Matemático 2014.  Podemos estar moi satisfeitos dos resultados, Estalmat Galicia aparece nas primeiras posicións nas dúas clasificación, ademais o rendemento de todos vos foi estupendo. Especial as felicitacións a todos os que viñestes á xornada presencial , a Álvaro Rodríguez, Boris Carballa e Víctor López Abad (os tres  3º clasificados),  Miguel Cidrás (4º),  a Eva Salgado Prieto  (5ª na xeral e 2º na clasificación de beleza), tamén 5º Félix Pazo Vila e Álvaro Lafuente Díaz,  e 6º Santiago Vázquez Sáez, e non vos esquezades: 913 participantes, nada menos!
Á xornada presencial viñeron 15 e a algúns non lles chegaron as catro horas e querían seguir cos problemas, sorprendente!.

Un pouco de humor cunha impresionante Chirigota de Cádiz