mércores, 16 de decembro de 2015

I Concurso de Nadal AAMHN

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC convoca o Concurso de Nadal sobre Mineraloxía.

BASES DO CONCURSO
Formato: Unha folla A4 ( incluído texto e ilustracións), en papel ou dixital. O texto deberá ser breve, en Times New Roman 12 ou outra letra de tamaño similar e as ilustracións orixinais ( debuxos ou fotografías) 

Tema: Sobre o tema xenérico “minerais” os concursantes poderán elixir libremente calquera temática relacionada con algún mineral (usos, tipos, propiedades, lendas,...). 

Categorías: Establécense 4 categorías, diferenciadas pola idade dos concursantes - De 5-8 anos - De 9-13 anos - De 14 a 17 anos - De 18 ou mais anos

 Prazo de presentación dos traballos: Do 21 decembro de 2015 ata o 8 de xaneiro de 2016.

 Lugar de presentación dos traballos: Na recepción do Museo de Historia Natural da USC . Parque de Vista Alegre. 15782 Santiago de Compostela ou por correo electrónico no enderezo museohn@usc.es, facendo constar en asunto I Concurso de Nadal AAMHN 

Proclamación dos gañadores: A derradeira semana de xaneiro de 2016

 Entrega dos premios: A data e formato do acto de entrega de premios comunicarase aos concursantes despois da data de proclamación dos gañadores. Os gañadores terán de premio unha tablet e todos os participantes recibirán un diploma da súa participación no concurso. 

 Como apoio para o concurso recoméndase a visita á exposición temporal, de entrada libre, “A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC”. 
Tamén no mesmo museo, na sala de Xeodiversidade da exposición permanente hai unha abondosa exhibición de minerais.

venres, 4 de decembro de 2015

Xornada. Mulleres na ciencia

15 de decembro de 2015 ás 10:00 horas.  

Salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC)

Conferencia
Perspectiva de xénero en Horizonte 2020 a cargo de Capitolina Díaz (Presidenta de AMIT)

Mesa redonda
Científicas e tecnólogas: teitos de cristal e capas de invisibilidade

Ver programa.
Ofertado pola   Oficina de Igualdade e Xenero

MODIFICACIÓNS DE DATAS "Curso de Arduino"

 MODIFICACIÓN DE DATAS (falamos logo na hora do curso)

O día 21 O Profesor Horacio non pode vir polo que teremos que cambiar ese sábado.

1º e 2º veñen día 7 de novembro e 12 de decembro
3º e Exalumnos día 14 de novembro e 19 de decembro.

O día 12 de decembro non hai Estalmat para alumnos de 3º.  Ao mellor éste  é bo día para os de 1º e 2º e desprazamos 3º e exalumnos para o 19 de decembro.

Comeza a Olimpiada Matemática Galega 2016

 Xa podes inscribirte na Olimpiada Matemática Galega

Venres 15 de xaneiro de 2016

Primeira sesión: ás 10:00 horas
Segunda sesión: ás 16:00 horas
Facultade de Matemáticas, en Santiago de Compostela.

Artigo relacionado

mércores, 25 de novembro de 2015

Carracedo "A educación necesita unha revolución absoluta"


Olimpíada Matemática Galega 2015

Una ano máis, e xa van 18, AGAPEMA convoca a Olimpíada Matemática Galega 2015 de 2º da ESO, un evento internacional orientado á procura dun ensino das matemáticas máis orientado á resolución de problemas, á creatividade e á reflexión.
Este ano a sede da súa Fase Final volta a ser a cidade de Lugo, á que accederán os/as 40 representantes das 7 zonas de Galicia en que se distribúe a Olimpíada.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:

- Inscrición dos centros: 29 de febreiro

- Inscrición do alumnado: 28 de marzo

- Fase de zona: 21 de abril

- Fase final galega: 19 de maio

Obradoiro de Arduino ESTALMAT

Comezou  o obradoiro de Arduino para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, organizados pola Asociación de Amigos de ESTALMAT Galicia. A proposta consiste en que os participantes no Proxecto para o Estímulo do Talento Matemático, que se desprazan a Santiago de Compostela para asistir a actividades de formación na Facultade de Matemáticas da USC, os sábados pola mañá, poidan asistir, ademais, a un obradoiro de Arduino de dúas sesións, durante algunhas das tardes.

Entran na páxina web VHPlab  (http://www.vhplab.net/spip.php?article293) para ver os Recursos Educativos

Presentación do Obradoiro en PDF

sábado, 7 de novembro de 2015

PSO J318-22- Planeta sen estrela

 "Os astrônomos acreditam que quando o PSO foi formado até havia uma, mas que ela acabou expulsando-o de sua órbita, jogando-o na mais completa solidão espacial. Agora os cientistas descobriram mais uma peculiaridade desse planeta cheio de personalidade ".   Ler máis

4 de novembro- Día da Ciencia en Galego - Isidro Parga Pondal e Carlos Gómez Carnota



venres, 23 de outubro de 2015

sábado, 26 de setembro de 2015

Eclipse total de lúa

Na noite deste vindeiro domingo 27 ao luns 28 terá lugar una eclipse total de Lúa que se verá en toda a Península, tamén en Galicia tal e como se prevén as condicións meteorolóxicas. A última eclipse total de Lúa que se puido observar en España foi o día 15 de xuño de 2011, en tanto que a próxima será a do 28 de xullo de 2018.

Ler máis

xoves, 30 de xullo de 2015

Keppler- 22b. Un posible planeta xemelgo do planeta Terra.

Un posible xemelgo da Terra foi descuberto en órbita dunha estrela similar ao sol a 600 anos-luz de nós, e o novo planeta pode xuntar as características para ser habitable, segundo dixo a NASA fai uns días. Descuberto pola misión espacial Kepler, o novo planeta alcumado Keppler- 22b, é máis pequeno que Neptuno e é o primeiro habitable que se encontrou nese sistema.

Preguntoiro Científico


Resumo : Un xeito lúdico de aprender e achegarse á vida e obra de grandes científicos/-ás galegos, organizado por educaBarrié coa colaboración do Conselo dá Cultura Galega, para primaria, secundaria e bacharelato.


 Recurso educativo que consiste en adiviñar o personaxe que se mostra nos vídeos, ademais de contestar unha serie de cuestións que se formulan.

Entrar no xogo

venres, 26 de xuño de 2015

Morte do Sistema Solar

O Sol está aproximadamente na metade da súa vida. Cando o Sol morra, todo o Sistema Solar morrerá con el. A morte dun sistema solar depende do tamaño da súa estrela. O Sol é unha estrela mediana, clasificada como anana amarela de tipo G, moi frecuentes na nosa galaxia. É demasiado pequena para converterse nunha gran supernova e estalar. En vez diso, desgastarase pouco a pouco. Primeiro converterase nun xigante vermello e finalmente esgotarase como unha débil anana branca. Dentro de 5.000 millóns de anos, o Sol terá consumido todo o combustible do seu núcleo, o hidróxeno. Entón, comezará a fusionar helio. Farase cada vez máis grande e volverase vermello. O seu tamaño será dez veces o que ten hoxe, e ocupará todo o ceo... e máis. Tragarase a todos os planetas do Sistema Solar interior: Mercurio, Venus, a Terra e talvez Marte. O resto de planetas torraranse pola calor e a intensa radiación. A fase de xigante vermello durará millóns de anos.Cando o helio tamén se esgote, fusionará carbono por algún tempo. Pero cando xa non quede combustible para máis fusións nucleares, a gravidade do seu núcleo fará que se encolla. Toda a masa do Sol quedará esmagada no seu núcleo e converterase nunha anana branca. Para entón apenas quedará xa nada do Sistema Solar, pois a radiación terá acabado con todo. O Sol aínda vivirá varios millóns de anos máis como unha anana branca. Pero estará tan débil, que a súa gravidade non terá forza para manter unido o Sistema Solar. A heliosfera e a heliopausa teranse destruído. Os restos do Sistema Solar estarán exposto non só ás últimas ondadas de radiación do Sol, senón aos potentes raios interestelares. Os átomos do que un día foi o Sistema Solar esparexeranse pola galaxia.

xoves, 25 de xuño de 2015

Triple conxunción lumínica: A Lúa, Venus e Xupiter


A NASA elixiu esta fotografía no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia como imaxe astronómica do día: unha triple conxunción da Lúa, Venus e Xúpiter que está dando a volta ó mundo grazas á axencia espacial estadounidense.

luns, 8 de xuño de 2015

Cursos de verán da Universidade de Santiago


A Universidade de Santiago de Compostela vén de publicar OS CURSOS DE VERÁN 2015

Destacamos:
- O USO DA CALCULADORA COMO RECURSO DIDÁCTICO PARA AS MATEMÁTICAS DO SÉCULO XXI
(A celebrar na Facultade de Formación do Profesorado e Centro de convivencia
Uxío Novoneyra do Concello de Lugo– Concello de Lugo).

- LaTeX: UNHA FERRAMENTA PARA A DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO CIENTÍFICO
(A celebrar na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela).

En opinión das directoras dos cursos, os alumnos de Estalmat-Galicia
(veteranos) non deberían ter problemas na interpretación dos contidos.

ANIMARSE QUE O VERÁN É MOI LONGO E PASA AXIÑA!

martes, 12 de maio de 2015

Entrega de Premios Open Matemático

AGAES, que ven de colaborar con ESTALMAT-Galicia e co COLECTIVO FRONTERA para o desenvolvemento do OPEN Matemático, quere felicitar a organizadores e participantes neste XXVII edición do OPEN Matemático, pero especialmente a Alicia como representante de AGAES no OPEN e Covadonga (de Estalmat-Galicia) polo xeneroso traballo que levan realizado desde o inicio. Felicitar, por suposto, a todos os participantes de  Estalmat-Galicia, e recoñecer especialmente a valía e capacidade de Miguel Cidrás Senra e Boris Carballa Corredoira por ese segundo posto.
Os diplomas e libros farémovolos chegar por correo..

Dilema do prisioneiro - Revista Open Matemático


Economía do Delito - Revista Open Matématico


domingo, 10 de maio de 2015

luns, 4 de maio de 2015

Xantar na despedida dos de 2º de Estalmat do curso 2014-15

Este sábado, o  alumnado de 2º de Estalmat  que o desexe celebrará  unha comida para despedir o curso 2014-15. Decidirán sobre a marcha , segundo os que sexan, o sitio para xantar . 
Unha das propostas  e ir a un centro comercial (As Cancelas ... )
Se se adianta a confirmación da asistencia igual se pode ter preparado o xantar.   Os pais/nais  podemos tamén quedar nun xantar "paralelo" . Xestionara  o tema se a avisades a nosa compañeira María Sáez.

venres, 24 de abril de 2015

Cambios de datas nalgunhas actividades

- ESTALMAT-Galicia anuncia que  a xornada (Paseo Matemático) prevista  para o próximo sábado 25 de abril cámbiase para o sábado 9 de maio, agardando unha boas prediccións meteorolóxicas por tratarse dunha actividade fora da Facultade de Matemáticas.
- A Observación Astronómica queda pendende para o último trimestre do ano e teremos tres sábados con posibilidada de ver a Lúa en crecente:  17 de outubro, 21 de novembro e 19 de decembro.

Así pois AGAES apraza as actividades programadas do 25 de abril (Xogos e Observación) para o inicio do curso que vén.

Saúdos

A directiva

domingo, 12 de abril de 2015

Actividades programadas familias AGAES


-  Sábado, 21 de Febreiro. Despedida dos alumnos de 3º de ESTALMAT-Galicia.
 Xantar no Bar o Mosqueiro en VEDRA (mesmo lugar do ano pasado): Lacón con grelos e filloas. Prezo 19€ por persoa. Obrigatorio confirmar asistencia antes do 10 de febreiro.

-  Sábado, 25 de abril. Fin de curso de 1º de ESTALMAT-Galicia.
En AGAES, esa mesma tarde e a partir das 16 h., organizamos XOGOS DE XADREZ E XOGOS MULTIDISCIPLINARES ON LINE no Colexio Público de Vite.
Ao anoitecer disfrutaremos da última SESIÓN PRÁCTICA DE ASTRONOMÍA no Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, (sempre que o tempo axude).

-  Sábado, 9 de maio. Despedida do curso de 2º de ESTALMAT-Galicia.
O Roteiro Rosaliano pola cidade aprazámolo para principios do vindeiro curso.

(Todas as actividades están dirixidas a todas as familias socias de AGAES)


sábado, 11 de abril de 2015

Laser-laberinto (Laser maze)


 O xogo consiste en que o laser ten que dárlle a tódalas figuras. Primeiro escollemos o laser (b). Poñémolo no lugar e dirección que escollamos . Logo  disparamos (d - fire). Temos que ver que vai a seguir a dirección que permiten as figuras. A amarela deixa traspasar o laser, a verde espárcea en varias dirección. Cando hai un candado esa dirección queda pechada.

Xogo: Saída atropelada

Hai que buscar a saída do  coche vermello movendo en liña recta os coches (para adiante ou para atrás). Se cometes algún erro e queres rectificar podes resetear de novo o xogo ou darlle a desfacer (undo).
Podes ver a explicación ou ben na imaxe ou no vídeo.


Xogo: Xadrez solitario ( en liña)

Hai que mover as fichas que aparecen no xogo de xadrez de tal xeito que só quede ó final unha.

Entrar no xogo

Ver vídeo titorial:

Xogo: Encaixar os bombóns (en liña)

Usando as pistas (clues),  enche a bandexa cos nove bombóns na súa posición correcta. Mestúranse formas e cores. Ao igual que nun sudoku, debes examinar todas as pistas do reto antes de facer ningún movemento. Descarta as posibilidades para encher cada variedade, agudizando os teus razoamentos. 
Entra no xogo 

sábado, 7 de marzo de 2015

ELAS - Concurso de viñetas

Concurso de viñetas no 8 de marzo "Día da muller"

  Ver máis

2ª Práctica no observatorio de astronomía de Santiago


Este sábado  día 7 de marzo temos observación astronómica. Respetamos as mesmas quendas. Primeiro grupo estará diante do observatorio ás 19.45h. Segundo grupo estará ás 21.00 h.  Os pais teremos tamén observación no último cuarto de hora de cada grupo.


Artigo relacionado: 1ª sesión