mércores, 25 de febreiro de 2015

Clasificación Final do Open Matemático


Finalizado o OPEN Matemático 2015, desde AGAES, queremos felicitar a organizadores e participantes neste XXVII edicción, pero especialmente a Alicia e Covadonga (de Estalmat-Galicia) polo seu trepidante traballo que levan realizado desde o inicio. Felicitar, por suposto, aos nosos dignisimos participantes de Estalmat-Galicia e recoñecer a valía e capacidade de Miguel Cidrás Senra e Boris Carballa Corredoira por ese segundo posto.


 A directiva de AGAES

Clica na imaxe para ver a clasificación final

luns, 23 de febreiro de 2015

Concurso Explícoche Matemáticas

Como en  anos anteriores a Comisión de Normalización Lingüistica da Facultade de Matemáticas, este curso coa colaboración da Fundación Barrié, abre o prazo para participar no concurso Explícoche Matemáticas 2.0.
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración con educaBarrié, o obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.
Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.

Remata o prazo de entrega o 8 de abril

Ver as  bases                       Máis concursos

Novos concursos matemáticos


sábado, 21 de febreiro de 2015

Problemas e solucións da Xornada nº 6 do Open Matemático


Asistiron 15 rapaces e rapazas de Estalmat e a Alicia , unha cifra moi  boa. 15 bravos resolutores ¡e resolutoras! de problemas que traballaron sen descanso rematando os catro últimos: Nicolás, Miguel Cidrás, Álvaro e Alba Sendón, as oito despois de catro horas ininterrumpidas de traballo mental- Bravo!!!!! de novo. Os problemas non resultaron demasiado doados e só Boris Carballa resolveu os catro ben. Grazas por compartir con nos o voso gusto pola resolución de problemas. Clica nas imaxes e poderás ver   os problemas coas solucións oficiais (pois xa sabedes que hai outras formas de obter as mesmas respostas).

 Alicia e Covadonga

xoves, 19 de febreiro de 2015

PROMYS Europa 2015

PROMYS Europa é un programa de verán de seis semanas no Wadham College, Oxford University deseñado para impulsar ó alumnado preunivesitario (bacharelato)  fortemente motivado para explorar en profundidade o mundo creativo das matemáticas.

As solicitudes deben enviarse antes do 1 de abril de 2015 e os alumnos teñen que enviar a solución de 10 problemas, ademais dunha carta de recomendación.

Ver o programa

mércores, 18 de febreiro de 2015

Problema nº 14 coa solución en verso na 5º Xornada do Open Matemático


Suponemos que cada vez
que tres pasos ella da,
y que dos pasos da él,
un segundo pasará.

Cuando ellos dos coincidan,
final de segundo será.
Al ser tres número impar,
ella los pies alternará

Sin embargo para él
lo mismo no pasará,
pues dos número par es,
y de pie no cambiará.

Como con la pierna diestra
empezaron a caminar,
a moverse con la izquierda
nunca los dos coincidirán.

Ver solucións dos outros problemas (5ª Xornada)

5ª Xornada e Clasificación Xeral do Open Matemático


Ver Premio Beleza

Ver problemas coa solución (5ª Xornada)

Premios Beleza 5ª Xornada Open Matemático


domingo, 8 de febreiro de 2015

Aplicación para buscar sinónimos en galego na rede


Revista para as familias - Ollos de Aula - Nº19


Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, ofrece estratexias para estimular a intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula interrogantes sobre os famosos centros plurilingües e as seccións bilingües, mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de atractivos títulos literarios. 
Clica na imaxe para ver a revista.
Ver e descargar números anteriores

domingo, 1 de febreiro de 2015

A adiviña de Einstein

Einstein, antes do seu exilio a Estados Unidos, propuxo esta adiviña e afirmou que o 98% da poboación mundial non sería capaz de resolvelo:

Existen cinco casas de diferentes cores.
En cada unha das casas vive unha persoa de diferente nacionalidade.
Os cinco donos beben un tipo de bebida, fuman una determinada marca de cigarros e teñen unha determinada mascota.
Ningún dono ten a mesma mascota.
Ningún dono fuma a mesma marca de cigarros, nin bebe a mesma bebida

Es capaz, coas seguintes pistas de adiviñar quen ten un peixe como mascota?

O británico vive na casa vermella.
O sueco ten como mascota un can.
O danés toma té.
A casa verde está á esquerda da branca.
O dono da casa verde toma café.
A persoa que fuma Pall Mall ten un paxaro.
O dono da casa amarela fuma Dunhill.
O que vive na casa do centro toma leite.
O noruegués vive na primeira casa.
A persoa que fuma Blend vive xunto á que ten o gato.
A persoa que ten o cabalo vive xunto á que fuma Dunhill.
O que fuma Bluemaster bebe cervexa.
O alemán fuma Prince.
O noruegués vive xunto á casa azul.
O veciño do que fuma Blend bebe auga.

Os xenes inflúen na nosa habilidade coas matemáticas

Unha investigación da Universidade de Granada revela que, aínda que eses dous factores son determinantes, a capacidade para enfrontarse á materia de matemáticas está influída pola cantidade de testosterona a que se estivo exposto no ventre materno, o que se reflicte na diferenza de lonxitude entre os dedos índice e anular.O ratio entre a lonxitude do dedo índice (2D) e a do dedo anular (4D), coñecido como digit ratio (2D:4D) é amplamente recoñecido como un biomarcador da exposición prenatal á testosterona, isto é, a que ten o feto no ventre materno.
Unha carga alta de andróxenos no ventre materno dá como resultado un dedo anular (4D) máis longo en relación ao dedo índice (2D) na man dos humanos adultos. Os nenos reciben unha maior exposición que as nenas, o que se traduce nun menor 'digit raio' entre os homes (cociente 2D:4D).