martes, 9 de xaneiro de 2018



Xa deu comezo a XXX edición do Open Matemático, coa primeira tandada de problemas. Póñovos de seguido a mensaxe de Covadonga:

Este ano o concurso,  xa na  XXX edición,  ten como lema  GASTRONOMÍA  E MATEMÁTICAS, e está  organizado polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas.

As instruccións para participar baixo as siglas de AGAES-ESTALMAT-Galicia son:
  1. Escanear os problemas que resolvades, cada un nunha páxina. Mellor en formato PDF. Tamén sirven fotografías pero deben ter a resolución adecuada para que podan lerse sen dificultade.
  2. Envialos por correo electrónico no  prazo previsto, que na primeira xornada remata ás 14:30 horas do 22 de xaneiro, ás direccións das profesoras encargadas, Cristina e Covadonga 
  3. Cando recibamos as respostas daremoslle a reenviar ao correo entrante, esa será a sinal de que chegou correctamente.
  4. No asunto do correo poñede:   Nome, apelido, curso que estades estudando  e  a xornada Open 2018, por exemplo:
    Isabel Martínez- 3º ESO- 1ª Xornada Open 
  5. Cada xornada enviaremos ao correo dende o que nos cheguen os problemas,  as solucións e os problemas da sesión seguinte. O blog de AGAES   http://sociosagaes.blogspot.com.es/  fará o seguemento deste concurso e poderán consultarse alí as clasificacións.
  6. NON É UNHA ACTIVIDADE OBRIGATORIA. Tampouco é necesario resolver todos os problemas de cada xornada nin participar en todas as xornadas.
É importante ler detidamente as bases e as instruccións.

As solucións dos problemas deben aparecer moi xustificadas. Non serve poñer únicamente como solución un valor ou unha frase (Por exemplo: "non é posible").  

A puntuación dun problema ou  son 2 puntos ou 0 puntos.

martes, 2 de xaneiro de 2018

José Rodríguez: o matemático galego que definiu o metro

Un dos pais do Sistema Métrico Decimal é un galego de Lalín. O matemático Rodríguez afinou as medicións dos meridianos de París e de Greenwich. E tivo en Europa un gran prestixio, do que non gozou no seu país.

O metro, como unidade de medida, debe moito a un home nado nunha aldea de Lalín. Tiña un nome do máis común: José Rodríguez González. E, como acontece en tantas ocasións, foi máis apreciado fóra que dentro do seu propio país. Porque o ‘Matemático Rodríguez’ foi unha autoridade científica dacabalo entre os séculos XVIII e XIX, impulsor da cristalografía, protagonista de achados astronómicos e, sobre todo,  un dos pais do Sistema Métrico Decimal. Este galego xenial foi tamén mestre doutro personaxe capital na historia de Galicia, o seu primeiro cartógrafo científico: Domingo Fontán.
http://www.gciencia.com/historias-gc/jose-rodriguez-matematico-galego-metro/