sábado, 24 de febreiro de 2018

XXX Open Matemático

O xoves 22 de febreiro celebrouse a última e presencial xornada do XXX Open Matemático que, en Galicia, tivo lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Parabén a todo os participantes de AGAES-ESTALMAT-Galicia que, como edicións pasadas, están obtendo moi bos resultados.

martes, 6 de febreiro de 2018

Ramón Verea, o galego que inventou a máquina multiplicadora

Tal día como hoxe, o 6 de febreiro de 1899, morría pobre en Bos Aires o gran inventor galego Ramón Verea, creador da primeira máquina multiplicadora, que hoxe se conserva na sede da IBM en Nova York e no Instituto Smithsonian de Washington. A súa xenial historia está na nosa nova reportaxe da sección.
GCiencia?
http://www.gciencia.com/historias-gc/ramon-verea-galego-calculadora-multiplicadora/

AS MATEMÁTICAS TEÑEN UNHA LINGUAXE PROPIA...

As matemáticas contan coa súa propia linguaxe, a linguaxe matemática. Comprendela e saber utilizala é unha das competencias que debedes adquirir nos estudos do grao en Matemáticas. Xunta esta habedes conseguir outra: comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en matemáticas tanto a un público especializado como non especializado.
Daquela, non só comprenderedes o que é senón que seredes quen de comunicárllelo a outras persoas. E para iso utilizaredes linguas naturais; calquera delas, a que mellor se adapte ao voso interlocutor; e que vós coñezades, naturalmente.
Moitos de vós -probablemente, a maioría- atoparedes en Galicia a vosa saída profesional. Outros sairedes ao exterior. Debedes contar coa mellor preparación posible. Aprendede linguas. Mais seguide aprendendo e cultivando tamén a lingua deste país, o galego, para poderdes trasladarlles a beleza das matemáticas aos galegos e galegas.